HORARIOS

Teatro

Reiniciamos O Teatro


Neste ámbito intentaremos tratar principalmente da transformación que está a sufrir o teatro actualmente. As diferenzas entre cómo se levaban a cabo os proxectos antes (cando había cartos) e cómo se levan agora. E centrarémonos no microteatro como unha nova proposta que levan a cabo La Tuerka e Manicómicos.
La Tuerka:
La Tuerka 27 abre as súas portas o 27 de decembro de 2012. É un novo espazo multidisciplinar adicado á arte e tamén a primeira sala de microarte de Galicia. Como sala, quere continuar sendo un punto de encontro entre os novos creadores e os artistas veteranos, un lugar no que o público sinta a calor dos seu compromiso coa sociedade e a realidade que nos tocou vivir. Un lugar totalmente alleo á dependencia propia da cultura da subvención, que acolle a todo tipo de artistas, actividades, temáticas e estilos.


Equipo
  • Daniel Currás 
Actor, productor e escritor. Comeza a súa carreira no mundo do teatro compaxinándoa con algún dos seus pequenos papéis en series nacionais como Policías ou Compañeros. Aínda que o seu verdadeiro salto deuno en 2005, cando entrou a formar parte do reparto da película Heroína, á que despois lle seguirían papeis en Días Azules e También la lluvia, entre outras. A fama chégalle en 2009 co seu personaxe na exitosa serie Matalobos. Actualmente escribe, dirixe e protagoniza obras de microteatro na mencionada sala. Títulos como: Me cago en Walt Disney, Ópera Prima, Piso 57 ou Tinta e Choiva.
  • Iria Ares
Directora de escena. No 2006 entra na Facultade de Ciencias da Comunicación para cursar a licenciatura de Comunicación Audiovisual na especialidade de direción e guión. Alí coñece ó seu compañeiro anterior co que escribe La increíble historia de Macareno y la puta milagrosa, unha curtametraxe que máis tarde dirixiría. Traballa tamén como auxiliar de dirección na serie Matalobos e actualmente compaxina a dirección desas obras de microteatro coas clases de interpretación que imparte en La Tuerka Studio. Complementa ámbalas dúas actividades con pequenas aportacións ao microxénero. Son obras súas: Torquemada e El chófer y la corista.


Obradoiro de interpretación diante da cámara

Está destinado a todas aquelas persoas que queiran iniciarse na particular linguaxe da interpretación diante da cámara. A través dunha metodoloxía totalmente práctica, os alumnos que se inscriban prepararán a gravación dun pequeno monólogo co que aprenderán a analizar así os acertos e erros no posterior visionado do exercicio. O curso impárteo Daniel Currás e para iso utilizarase o plató de fotografía, unha cámara e un monitor.


Microteatro

O microteatro, ou como se coñecía anteriormente, o teatro de guerra, é unha especie de formato de teatro mínimo orientado a pequenos espazos e públicos reducidos. As pezas, que rara vez superan o cuarto de hora, son representadas por un máximo de dous actores para un público que non sobrepasa os vinte espectadores. Ditas funcións teñen lugar en espazos reconvertidos, transformados nun teatro improvisado. Normalmente son baixos ou pisos rehaibilitados para iso. É un formato bastante dinámico que permite levar pezas á escena cunha inmediatez que o teatro convencional non poderia nin imaxinar, o que o converte nun teatro fresco, actual e cercano ao público.

Durante estas xornadas farán a representación de El macareno, de Daniel Currás, no plató de fotografía con pases para 15 ou 20 persoas cunha duración de entre 15 e 20 minutos. 



Manicómicos:

A Asociación Cultural Manicómicos nace no ano 2004 na cidade da Coruña promovida por un grupo de persoas de distintos niveis de experiencia nas artes escénicas e cun interese en común: investigar, estudar e difundir as artes escénicas e a comedia.

A organización dá cursos formativos para os seus socios e para a cidadanía en xeral que serven para coñecer mellor as diferentes técnicas da interpretación. Tamén organizan un Festival anual de Teatro Cómico na cidade da Coruña. E colaboran dende o principio na xestación da Federación Galega de Novo Circo creada en 2006 xunto a outros colectivos como Pista Catro (Santiago), Circus Fusión (Ourense) e Cooperactiva (Santiago).

No hay comentarios:

Publicar un comentario