Reinventamos A Distribución E Exhibición De Música
Cuac FM.
CuacFM é unha emisora privada que ten unha finalidade
social, orientada a satisfacer as necesidades de comunicación e a
habilitar o exercicio do dereito á información e a liberdade de
expresión das persoas integrantes de comunidades determinadas (sexan
territoriais, etnolingüísticas ou de intereses) ante as que son
responsables, que está aberta á participación o máis ampla
posible respecto á propiedade do medio e o acceso á emisión, así
coma ás diversas decisións de programación, administración,
financiamento e avaliación, que non ten fins de lucro e que non
realiza proselitismo relixioso nin partidista.
Resumindo, é
unha asociación que xestiona una emisora de radio, que cando ves
facer un programa entras e por tanto participas da
súa propiedade, e podes participar tamén na xestión e na toma de
decisións (o nivel de implicación o fixas tí, pero canto máis,
mellor). Nela participan persoas físicas e xurídicas, e funciona
dun xeito colectivo e o máis horizontal posible (isto é: non hai
xefes, nos organizamos doutro xeito) a través da asemblea e as
coordenadoras, que son grupos de traballo.
A súa intención é dar voz ós que non a teñen, falar do que poucos
(ou ninguén) falan, e facer da nosa sociedade un sitio mellor onde
desenvolvernos coma persoas.
Matapadre.
É un selo discográfico independente con base en Galicia. Actualmente
conta con bandas galegas que están dando moito que falar como poden
ser: Lendrone , Unicornibot , Colectivo Oruga , Disco las palmeras! Resumindo, o que realmente fai Matapadre é acoller a bandas galegas que
están empezando e non son moi coñecidas no panorama. Sen embargo
moitas destas bandas están empezando a despuntar en boa parte
gracias ás producións do selo. Poderían aportarnos esa evolución
das bandas do seu selo e cómo saen adiante sendo un un proxecto independente e relativamente pequeno.
Mamavynila.
MamaVynila Records é un pequeno selo barcelonés que
aposta únicamente por publicar en formato vinilo os traballos de bandas ou artistas,
ademáis de distribuir gratuitamente os sus discos en formato
dixital, co claro obxetivo de premiar a difusión do arte por encima
da retribución económica. Mama Vynila, un proxecto artístico
artesanal que respira música en vinilo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario