Reiniciamos En Canal.
Galiza Ano Cero
Galiza Ano Cero é un canal de televisión sen ánimo de lucro na internet. Contidos producidos de maneira colectiva e horizontal, en código aberto e con transparencia, da comunidade para a comunidade, e difundidos baixo unha licenza. Dende abaixo á esquerda. A outra televisión.
É unha comunidade aberta. Unha rede de grupos de traballo que poñen en común ideas e man de obra para construír unha ferramenta, non unha mercadoría. Calquera pode entrar e saír de Galiza Ano Cero. Calquera pode facerse oír e traballar. É un banco de tempo administrado colectivamente pola comunidade. Unha ferramenta que permite afrontar todas as tarefas derivadas da produción de contidos de maneira democrática e sustentábel, optimizando esforzos e recursos e permitindo a implicación de calquera. É unha asociación cultural que dá soporte á comunidade e ao canal de televisión. Unha asociación autofinanzada mediante as cotas dos socios e as doazóns de calquera que se constitúe ao mesmo tempo que nacen o canal e a comunidade e que será, tamén, o que todos queiramos que sexa. Galiza Ano Cero está a piques de comezar a emitir dous programas quincenais, un de debate político e outro de entrevistas. Contidos plurais, pero non equidistantes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario