HORARIOS

Conectamos.

Conectamos

Hoxe en día todos temos un 'smartphone', ou unha tablet. Unha aplicación é un tipo de programa deseñado como ferramenta que lle permite a un usuario realizar un ou diversos tipos de traballos. Isto é o que a diferencia principalmente doutros tipos de programas como os sistemas operativos, as utilidades e as linguaxes de programación.
Certas aplicacións feitas 'a medida' poden ofrecer grandes posibilidades xa que están exclusivamente deseñadas para resolver un problema específico. Outros, chamados paquetes integrados de software, ofrecen menos capacidades pero a cambio inclúen varias aplicacións, como un programa procesador de textos, de cálculo e de base de datos.
Ímonos centrar na creación de aplicacións web, aplicacións móviles e tamén no proceso que hai dende que tes unha idea, por exemplo, para un videoxogo, ata que se leva a cabo. Partindo sempre do baixo presuposto do que dispoñemos.

Poñentes:

  • Silvia López Gómez
Pedagoga en Imaxin Software e guionista multimedia. Especialista en deseño de proxectos interactivos para educación, formación e ocio.A súa charla levará por título: Teño unha idea para un videoxogo, ¿e agora qué? Na que falará sobre o proceso de desenvolvemento de xogos dixitais, centrando a atención nas funcións dos diferentes perfís profesionais, os métodos para o traballo en equipo e a elaboración dun guión multimedia. Describiranse casos reais de xogos creados na empresa galega Imaxin Software, dende a idea até o produto final.

  • Rodrigo Varela Tabuyo
É director técnico da axencia de marketing móbil Cossanova, colaborador da empresa de referencia para os afeccionados ao pan, El Amasadero, e produtor da app Eat Like You Live Here. Na exposición falará do que se precisa para emprender e manter un negocio online cando o investimento é limitado. Exporá as claves que marcan a diferenza entre as ideas que nacen e morren nas conversas de bar e as que se converten en proxectos empresariais sólidos.

  • Francisco Calvelo
Triviados e as súas claves de éxito. Francisco Calvelo é un autor multidisciplinar, con máis de dez anos de experienza no deseño web e na creación audiovisual. Recentemente entrou de pleno no mundo dos videoxogos con éxitos como Triviados. Falará sobre o éxito dos xogos 'casual' nas plataformas móbiles, a evolución dos xogos de mesa e a súa conversión ao multixogador online.








No hay comentarios:

Publicar un comentario