Reformulamos O Financiamento. Reinventamos A Distribución.
Arraianos.
Sinopse: "Os habitantes dun pequeno pobo perdido nas montañas entre Galicia e Portugal viven e traballan rodeados por un bosque sen fin. Incapaces de atopar unha saída, os Arraianos pregúntanse polas razóns do seu confinamento. Un día, un estraño chega: a posibilidade dun cambio, unha saída, unha vía de purificación... Nalgún lugar entre a realidade e o soño, os Arraianos interpretan as súas propias vidas construíndo unha fábula sobre o mundo rural e o seu obstinada resistencia a desaparecer. Que queda tras o final, cando todo foi consumido?". Aquí o tráiler.
Arraianos está dirixido por Eloy Enciso e nela adéntrase nos mitos e bosques da fronteira entre Portugal e Galicia. É un claro exemplo para saber que si o mundo do cine está sufrindo grandes estragos por culpa da crise, o xénero documental é un dos primeiros en caer. Arraianos é un exemplo de cine documental de nivel, que está gañando multitude de premios y deu a volta ó mundo. É galego, é fresco y aparecei nun momento moi difícil para proxectos deste tipo.E para falarnos dela teremos a Beli Martínez, xefa de produción, e a José Manuel Sande, guionitas, o cal nos falará tamén como representante do CGAI.
O CGAI centra as súas funcións no ámbito audiovisual, como institución responsable desde a administración autonómica, que son:
- A recuperación, catalogación, custodia e difusión das producións e obras do patrimonio audiovisual e fotográfico galego.
- A programación de proxeccións, exposicións, conferencias, publicacións, etc. co fin de proporcionar un maior coñecemento das artes da imaxe.
- A colaboración, cos obxectivos anteriores, en actuacións en Galicia e no exterior.
- A participación na promoción da produción audiovisual galega en mercados, mostras e festivais.
Está localizado Casa da Cultura Salvador de Madariaga da cidade da Coruña e tamén organiza seminarios e cursos sobre os diferentes aspectos do mundo audiovisual que son impartidos por expertos do medio. Por esta razón, durante o ano se organizan actividades formativas dirixidas tanto a profesionales como aos interesados na práctica, na teoría ou na historia do cine, a fotografía, o video, a televisión ou ás novas tecnoloxías. As convocatorias do Centro son difundidas por diferentes medios e anunciadas a través da paxina na rede. Conta cunha biblioteca especializada en cine, fotografía e comunicación audiovisual de acceso libre que atende de luns a venres de 10 a 14 horas. Os fondos desta biblioteca inclúen maís de sete mil monografías, maís de catro mil publicacions periódicas e todas as noticias relacionadas có audiovisual galego e a fotografia feita en Galicia. O CGAI tamén se ocupa dos maís xóvenes desenvolvendo unha dobre programación tanto para a infancia como para a xuventude.
Fundada o 15 de Decembro de 2012 por Moncho Conde-Corbal e Simone Saibene, encárgase da produción, distribución e desenvolvemento de proxectos audiovisuais e musicais. O seu último traballo é a longametraxe 9 ondas, escrita e dirixida por Simone Saibene, producida a través da fórmula do crowdfunding e rodado en Galicia. Aquí unha ligazón de interese.
Ola Eloy, falamos por teléfono.
ResponderEliminarXa non chego ás xornadas, magoa. De "arraianos" vin o trailer, que por definición é unha ferramenta de "venda", e nunca podería imaxinar que fala do que explica a sinopse de arriba. Vexo que seguimos sen darlle importancia á comercialización dos traballos, que é unha das grandísimas eivas do noso audiovisual se queremos que algún día sexa industria. Aínda así ten boa pinta e agardo velo docu enteiro. Sorte para o futuro.
Carlos Otero
(ex-alumno da EIS e membro da pechada Isabella Audiovisual, a primeira e ata agora última Axencia de Vendas galega)