HORARIOS

Reiventamos A Produción

Reinventamos A Produción

Prenom.

PRENOM é unha produtora cooperativa creada por Mar Catarina (fotógrafa e directora) e Rubén Domínguez, con campos de actuación na realización de produtos audiovisuais, fotografía, deseño gráfico e ilustración. Pode aportar a súa visión como productora audiovisual pequena e de carácter cooperativo, e o seu enfoque cara a elaboración de videoclips de grupos galegos non tan coñecidos pero sí recoñecidos nacionalmente. O vídeo, por exemplo, do grupo Franc3s fora elixido como un dos mellores videoclips do ano pola revista Rockdelux. Podédelo ver aquí.



Angélica y Roberta.


É unha serie web interesante que chamou a atención tanto ao público como a crítica, dando un gran paso ao coarse nas nominacións a mellor serie dos premios Mestre Mateo. Un claro exemplo das novas fórmulas de televisión.  A produción corre a cargo de Sonia&Sandra en colaboración con La Panificadora (son) y Trípede (equipos técnicos).

Sinopse: Ángelica y Roberta é unha serie web que nos conta o día a día de dúas amigas moi peculiares que ao pasar a treintena deciden marchar da casa de seus pais para emprender a aventura de vivir xuntas. ¿Queredes saber máis? Aquí o primeiro episodio.


Magnetova Entertainment.

Javi Camino é un director curtido na produción de curtametraxes e videoclips cunha coidada dirección de arte realizada por el mesmo e súa productora Stela Kaminova. Realizan as súas pezas audiovisuais con poucos recursos. Coñecendo a traxectoria do mencionado director e a súa empresa, gustaríanos moito que a súa charla se centrase na creación de grupos de traballo "low-cost" e na dirección de arte.

Dentro da creación novel audiovisual sempre hai un abandono da parte artística e este creador dalle moita importancia ao espazo, á luz, á cor e ás formas incluidas nel. Polo tanto, centrarase na dirección de arte realizada con poucos medios técnicos e económicos. Aquí algunhas das súas obras.


No hay comentarios:

Publicar un comentario